Archives

Rosalía, a muller e as letras

El Correo Gallego – 15 de Maio, 2017 →

CRISTINAPATOLÍA esta semana a noticia sobre a presentación da nova biografía de Rosalía, escrita por María Xesús Lama e editada pola Editorial Galaxia. Segundo a prensa, a publicación aporta unha visión diferente (e incríblemente interesante) da persoa que era Rosalía de Castro, da muller forte e con claros intereses. Espero facerme co libro pronto, porque entre todas as teorías da autora, a que máis me interesou é a súa revisión da influencia de Murguía na obra de Rosalía… Continue reading

O proxecto Penélope

El Correo Gallego – 1 de Maio, 2017 →

CRISTINAPATO“QUE pasa cando unha residencia de maiores decide cambiar o bingo pola Odisea de Homero?” Así é como se presenta o Proxecto Penélope, unha iniciativa que xurdiu hai máis dunha década na mente de Anne Basting, artista, emprendedora e educadora, e unha visionaria do uso da creatividade no coidado dos maiores.
The Penelope Project, o libro, é un compendio dos retos que supuxo levar a cabo unha macro-transformación nunha residencia de maiores no estado de Wisconsin. Unha macro-transformación que comeza coa idea de que o feito de que moitos dos maiores desa residencia tivesen demencia non quere dicir que non poidan levar a cabo proxectos creativos a longo prazo. Continue reading

Poder xerar o cambio social

El Correo Gallego – 17 de Abril, 2017 →

CRISTINAPATOÁS veces, pasar dun ecosistema a outro sen tempo de transición ten os seus pros e os seus contras. Nestas últimas dúas semanas pasei do foro de emprendedores sociais que celebra a Universidade de Oxford baixo o mando do filántropo Jeff Skoll (Skoll World Forum) á reserva de Cheyennes do Norte do Estado de Montana na que traballo dende hai cinco anos. Continue reading

Dereitos especiais

El Correo Gallego – 3 de Abril, 2017 →

CRISTINAPATOHAI un par de semanas que visitei a cidade de Reggio Emilia en Italia, nunha viaxe de investigación e colaboración continua cos proxectos educativos que se desenvolven nesa pequena cidade. O pasado verán escribín unha columna sobre o impacto que tivo en min poder coñecer e traballar man a man con Carlina Rinaldi, a pedagoga e líder de Reggio Children e do Reggio Approach, o enfoque pedagóxico que cambiou a historia desa cidade, e que se converteu nun referente educativo internacional.
Continue reading

Un xornalista dos de antes

El Correo Gallego – 20 de Marzo, 2017 →

CRISTINAPATOLEMBRADES o xornalismo de antes? Aquel no que o xornalista collía o papel e o lapis (e se cadra o coche) e saía ás rúas, aos lugares máis recónditos, a buscar as novas que merecían ser contadas? Cando os xornalistas eran os cicerones do noso contorno, os guías que nos abrían os ollos ao mundo e que nos deixaban reconstruir a nosa opinión sobre este? Continue reading

Responder con afouteza

El Correo Gallego – 6 de Marzo, 2017 →

CRISTINAPATOHAI un par de semanas celebrábase o día de Rosalía de Castro, que continúa alimentando as almas de varias xeracións de galegas coas súas verbas. “Trocando en sonrisas queixiñas e choros” é un dos centos de versos de Rosalía que recito cando as cousas non parecen ir como unha cre que deberían ir… A poesía, ao igual que a música, e as artes en xeral, axúdanos a sentir e procesar as nosas emocións máis inexpresables a través das emocións dos outros, dos que as sentiron antes, dos que, coma Rosalía, compartiron con nós a súa dor e o máis profundo dos seus pensamentos. Continue reading

Organizar a nosa mente

El Correo Gallego – 20 de Febreiro, 2017 →

CRISTINAPATOESTA semana collín para ler no avión un libro do neurocientífico Daniel J. Levitin, o autor de Tu cerebro y la música: estudio científico de una obsesión humana, que ven de publicar The Organized Mind: Thinking Straight in the Age of Information Overload (algo así coma A mente organizada: pensar con claridade na era da sobrecarga de información). O libro fala sobre o feito de que no mundo actual estamos a intentar facer máis do que o noso cerebro pode aturar, e sobre a idea da “fatiga de decisión” ou o que é o mesmo, o moito que lle afecta ao cerebro ter que estar tomando decisións constantemente, pois as decisións máis pequenas (do tipo: e que me poño hoxe?) fan que o noso cerebro tamén se canse. Continue reading

Comunicarse co mundo

El Correo Gallego – 6 de Febreiro, 2017 →

CRISTINAPATOLEVO unha tempada empapándome o máximo posible sobre o concepto de neurodiversidade. A neurodiversidade ou a neurodiverxencia é un concepto que defende a idea de que as diferenzas neuronais entre seres humanos son naturais e deben ser respectadas e entendidas coma calqueira outra diferenza entre seres humanos. Promovido dende a perspectiva do movemento social ARM (Autism Rights Movement, tamén chamado Movemento da Liberación Autista), creado e dirixido por autistas, o concepto de neurodiversidade nace coa idea de non considerar patolóxicas, senón naturais, as diferenzas neurolóxicas entre as persoas, a diversidade das mentes. Non considerar o autismo coma un “trastorno” que precisa ser curado, senón coma unha “variación neurolóxica” que precisa ser socialmente entendida e aceptada. Continue reading

O medo é contaxioso

El Correo Gallego – 23 de Xaneiro, 2017 →

CRISTINAPATONON teño moi claro que nos vai deparar esta nova etapa nos Estados Unidos, pero teño claro que cada vez que penso no que pode ser (ou non ser), un calafrío pasa a través do meu corpo e déixame matinando un bo intre.

As incógnitas son moitas. Os movementos, impactantes. Pero a realidade, neste caso, superou con creces á telerealidade á que Donald J. Trump nos tiña acostumados. Escoitar o discurso da súa toma de posesión fixo que ese calafrío do que falaba se convertise en case permanente: despois dun par de meses de contraste, de negativas frases lapidarias mesturadas con palabras positivas para o goberno saínte, o discurso do venres trouxo de novo ao verdadeiro Trump, a un home agresivo, cargado de mensaxes negativas e cunha visión de si mesmo e do mundo realmente perigosa. O respecto, a dignidade, o saber facer, deberían ser condicións sine qua non de calqueira político ou líder, pero desgraciadamente estamos a perder todos estes valores, nos Estados Unidos, en Europa, nunha infinidade de países. Continue reading

Peticións ós Reis Magos

El Correo Gallego – 9 de Xaneiro, 2017 →

CRISTINAPATOQUERO compartir con vos a listaxe de desexos da miña carta aos Reis Magos. Este ano pedínlle paciencia, moita paciencia, para poder lidar co día a día, para saber poñer boa cara ao mal tempo e para aguantar os inevitables chaparróns das nosas mini realidades. Pedínlle tamén a capacidade de adaptación aos tempos que corren, ás novas metas, e a un imperante desexo de cambiar de aires.
Continue reading