Música e medicina

El Correo Gallego – 12 de Decembro, 2016 →

CRISTINAPATOO MEU último acto público do ano foi a pasada semana nunha estadía na Universidade de Harvard, onde teño a honra de poder traballar de xeito interdisciplinar dende hai algúns anos. A nova da nominación aos Grammy pilloume nun deses días nos que as horas non son suficientes para sacar adiante un conxunto de actividades sobre un dos temas que ocupan agora a meirande parte da miña vida persoal e académica: o poder das artes na sociedade e en concreto, nesta estadía, a relación entre música e medicina.

Durante a pasada semana exploramos os diferentes xeitos nos que médicos, educadores, terapeutas e emprendedores sociais utilizan as artes para mellorar a calidade de vida dos pacientes e dos coidadores. A través da guía da Dra. Lisa Wong, músico e pediatra e durante décadas a presidenta da Longwood Symphony Orchestra, unha orquestra sinfónica formada por médicos e persoal sanitario da area metro- politana de Boston, incluídos os hospitais afiliados á Universidade de Harvard. O mantra da orquestra é Música, Medicina e Servizo e dende hai máis de trinta anos colabo- ran de diferentes xeitos no crecemento e visibilidade do poder da música na comunidade.

Conversamos coa fundadora do programa de musicoterapia da Berklee, unha das escolas de música máis prestixiosas do mundo, e pioneira na estandarización da musicoterapia, a Dra. Suzanne Hanser. Visitamos o centro de rehabilita- ción da escola de medicina de Harvard, o Spaulding Rehabilitation Hospital onde neurólogos se uniron con musicoterapeutas para sacar adiante unha infinidade de terapias levadas a cabo por Neuro-musico- terapeutas, ou o que é o mesmo, musicoterapeutas formados de carreira cunha especialidade a maiores en neuroloxía.

Aprendimos sobre o poder sanador da música na cultura chinesa a través das investigacións do artista chinés Wu Tong; ou no mundo do Yoga a través do músico Shane Shanahan e a experta en medicina holística TaraMarie Perri que a través do seu propio instituto Mind and Body of Work fomenta a relación entre as artes e a súa visión holística da sanación. E a fundadora da organización Sing for Hope, Camille Zamora, contounos como pasou de ser cantante de ópera a crear unha das plataformas máis monumentais de voluntariado para levar a música aos hospitais da cidade de Nova York e centos de pianos ás ruas e lúgares públicos da cidade.

Síntome especialmente orgullosa de que este fora o meu último evento profesional do ano. Non só polo que implica: intentar entender o fascinante mundo do poder curador da música a través das diferentes disciplinas que a practican; senón porque o interese por este tema tan particular da formación para a que traballo (o Silk Road de Yo-Yo Ma) comezou a raíz dunha obra que escribín cando a miña nai empezou a perder a memoria, hai xa algúns anos. No ano 2013 o meu colega e amigo, neurólogo en Harvard e galego tamén, o Dr. Miguel Alonso-Alonso, e mais eu, sen querer, sementamos esta pequena semente no mundo de Yo-Yo Ma para que agora comece unha conversa, liderada por Silk Road, sobre cal é realmente o rol da música no benestar do ser humano e da sociedade… pois ningún de nós está libre de cruzar o río do esquecemento…

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.