Archives

Máis farois ca veciños

La Voz de Galicia – 16 de Marzo, 2018 →

Cristina PatoO titular dicía «Cuatro ayuntamientos ourensanos tienen más farolas que habitantes». Aparentemente Lobeira, Calvos de Randín, A Veiga e O Bolo son os concellos que contan máis farois que persoas… Fixen unha captura de pantalla para mandarllo ás miñas irmás, pois a combinación das palabras do titular era suxestiva e recoñezo que me fixera algo de graza, pero no mesmo intre no que o estaba a enviar, un arrepío paralizou o meu corpo. Que haxa máis farois que persoas significa máis cousas que o despoboamento: significa desaparición… Por unha parte pensei en por qué se precisan tantos farois e viñéronme á cabeza todos os viúvos e viúvas que viven sós no corazón do rural e na idea de que merecen os mesmos dereitos que os que viven nas vilas: iluminación. Continue reading

Inxustizas

La Voz de Galicia – 9 de Marzo, 2018 →

Cristina PatoCinco mulleres e un home: esa era a realidade da miña familia. Sete mulleres e un home: esa era a realidade da familia da miña nai. As mulleres da miña familia, coa súa maioría absoluta, eran as miñas «brillantes activistas da vida cotiá», citando o verso de Guadi Galego da súa obra mestra Matriarcas (toda unha oda á realidade feminina). Supoño que por crecer rodeada de mulleres superviventes tardei moito en decatarme de que fóra do meu universo particular, elas eran completamente invisibles. Máis invisibles aínda se tiñan algún tipo de discapacidade. Continue reading

O mundo en feminino

La Voz de Galicia – 2 de Marzo, 2018 →

Cristina PatoHai un par de semanas que a periodista Tamara Montero publicaba un artigo sobre as mulleres galegas na ciencia no que mencionaba o traballo de Xoana Pintos, que escribiu a súa tese doutoral para a USC sobre As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960. Coa súa tese descubrín unha Galicia que eu non coñecía, a das pioneiras no mundo da investigación científica. Co libro da escritora María Solar, Os nenos da varíola, introducinme no universo dos 22 rapaces galegos que transportaron, historicamente, a vacina da varíola ás Américas coa Real Expedición Filantrópica da Vacina no 1803. Continue reading

O rei dos xívaros

La Voz de Galicia – 23 de Febreiro, 2018 →

Cristina PatoFixo uns ovos rancheiros e durante o xantar comezamos a falar da sensación de vivir no limbo entre varias realidades, sobre a idea de pertencer a todas e a ningunha das culturas nas que unha se cría. Mónica naceu en Santiago de Querétaro, México, e aos dez anos a súa familia emigrou a Nova York. Os seus pais son da zona de Avión, Ourense, e a historia da súa familia materna está ligada a un dos personaxes máis fascinantes da emigración galega: Alfonso Graña, o rei dos xívaros. O galego de Amiudal que emigrou a Iquitos, Perú, en busca de fortuna, e que a raíz da crise do caucho dos anos vinte decide tirar río arriba polo Amazonas… Continue reading

Activismo artístico

La Voz de Galicia – 16 de Febreiro, 2018 →

Cristina PatoEstabamos a falar do rol do artista na sociedade, da idea da arte como forma de activismo, e dos varios tipos de accións que utilizamos para facer que as nosas voces sexan escoitadas cando reaccionamos ao que acontece no noso micromundo. Ao redor dos cinco cafés estabamos un artista plástico sirio de orixe armenia, unha compositora e violinista americana de orixe chinesa, un neoiorquino, un hawaiano e mais eu. A charla era realmente unha reunión de traballo para organizar unha clase sobre as artes e o activismo, e a súa relación coa esperanza, ou coa ilusión de esperanza.

Continue reading

Soidade e futuro

La Voz de Galicia – 9 de Febreiro, 2018 →

Cristina PatoOurense está entre as trinta provincias máis avellentadas de Europa, e non podo deixar de pensar na imaxe da demoledora soidade que ocupará toda Galicia no futuro. Unha imaxe que xa vemos decotío en todas as paradas urbanas e rurais, nos parques, en todas as ringleiras do médico, nos hospitais…

A idea da ministra da soidade nomeada polo Goberno do Reino Unido está directamente relacionada co impacto da parlamentaria Jo Cox, asasinada no 2016. Continue reading

Día da marmota

La Voz de Galicia – 2 de Febreiro, 2018 →

Cristina PatoHoxe é o día da marmota, no senso literal e tamén no figurado. Ás veces parece que a nosa sociedade está atrapada no tempo, coma naquela película dos 90 protagonizada por Bill Murray. Cometemos os mesmos erros unha e outra vez, esquecemos aprender deles e, de súpeto, entramos no bucle no que todo o que pasa xa o viamos vir, pero parece que non podemos facer nada para cambialo.

Continue reading

Turbulencias

La Voz de Galicia – 26 de Xaneiro, 2018 →

Cristina PatoEra unha vídeo conversa do máis banal; estáballe a preguntar sobre que fixeran para xantar e, de súpeto, miña irmá Yolanda colleu o iPad, marchou ao salón e comezou a contarme algo que escoitara na radio. Mentres ela falaba eu estaba a un par de cousas máis. Non é que non lle prestase atención, pero falo con elas todos os días e ás veces simplemente sigo coas miñas tarefas mentres estamos conectadas.

Continue reading

Spanish Camp

La Voz de Galicia – 19 de Xaneiro, 2018 →

Cristina PatoA miña lectura nada tiña que ver coa inmigración española nos EUA de principios do século XX, pero deixei os dous libros sobre educación e vocación que tiña que ler esta semana para buscar información sobre un campamento de naturistas españois que se instalou nunha praia de Staten Island (ao sur de Manhattan) no ano 1929: o Spanish Camp.

Continue reading

A 15 baixo cero

La Voz de Galicia – 12 de Xaneiro, 2018 →

Cristina PatoEstaba tirado no chan, diante do conduto de ventilación dunha tenda da Sétima Avenida. Eu levaba cinco capas enriba, estabamos a uns 15 graos baixo cero e o home tiña tan só un pixama posto. Parecía durmido; quedei mirando un anaco para ver se o vía respirar, e cando comprobei que estaba vivo seguín o meu camiño cara ao supermercado. Ao cabo dun pedazo pensei en chamar aos servizos sociais para que o viñesen recoller. O frío era brutal e non podería durar moito así vestido. Non chamei. Simplemente pensei que, se á volta aínda estaba alí, collería o teléfono e tentaría que o levasen a un refuxio.
Continue reading