As orquestras

La Voz de Galicia – 28 de Xullo, 2017 →

Cristina PatoÍa conducindo por unha destas estradas secundarias nas que podo ir ao meu paso, nas que a présa non existe. Nas que o gando fai as veces de semáforo, e hai pancartas de vodas nos postes da luz; nas que as paradas do bus son readaptadas para a reunión do solpor, e nas que aparecen de seguido os fosforitos carteis das festas de centos de aldeas que definen os gustos de cada zona. E con eses carteis entroume a morriña, pois aínda que na música hai centos de linguaxes, eses carteis só celebran unha. E pensei que para os que desfrutamos dos cuartetos de gaiteiros facendo pasacorredoiras, ou de bailar e cantar coa charanga na praza da vila, estes carteis os fan invisibles.

A pasada semana lía un artigo de opinión no que, entre outras cousas, pedían un plan de apoio para que as dúas orquestras de clásica de Galicia colaboren para así acadar «unha programación musical óptima en Galicia». A columna, «En defensa da Real Filharmonía de Galicia», fíxome reflexionar sobre as múltiples realidades musicais que se viven na nosa terra, e sobre o valor engadido e o compromiso social de cada unha delas.

E é que hai mundos musicais paralelos que ás veces parece que non residen na mesma sociedade. Grupos de gaiteiros que levan a nosa música a centros de día, ao corazón da sociedade que nos fixo como somos, fronte a orquestras de clásica que loitan por achegarse a proxectos sociais para tentar mostrar así o seu impacto na sociedade. E sen darnos conta, as outras orquestras, as dos carteis rechamantes, moldean sen descanso o son e o espírito dunha sociedade que, incluso nos peores tempos, facían dos Trintas de Trives ou de Áurea Rodríguez os protagonistas, con maiúsculas, do cartel do seu evento do ano…

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.