Conciliación e dependencia

El Correo Gallego – 7 de Marzo, 2016 →

CRISTINAPATOSE algún lector ten un familiar dependente na casa, saberá tamén a cantidade de tempo, amor, paixón e paciencia que un ten que exercitar e reactivar constantemente. Existen todo tipo de momentos no día: momentos nos que os amas con tolemia e momentos nos que perdes a paciencia, nos que sintes pena ou nos que te recordas a ti mesma canto de grande é o amor se un o exercita.

Estes días ando a estudar o libro de Anne-Marie Slaughter chamado Unfinished Business: Women, Men, Work, Family que adica un capítulo completo ao valor que merecen na sociedade e no traballo os cuidadores. O libro, que aínda non foi publicado na nosa terra ou na nosa língua, é toda unha lección dunha muller que foi criticada por ela mesma e por outros por deixar o seu posto de poder no departamento de estado dos EUA para voltar a coidar da súa familia, en especial dos seus fillos adolescentes. O libro, unha perla para as que andamos a preguntarnos o sentido da vida profesional dentro da persoal, é tamén un berro a favor do cambio no contorno laboral.

E é que nestes días, co noso circo político nacional e particular, unha intenta buscar respostas ao feito de que Galicia ten un futuro demográfico peculiar. O libro de Xerais editado por Manuel Blanco Desar Galicia: un pobo con futuro” é outra perla para as que andamos a matinar se seguir fóra ou voltar á terra. O tema dos familiares dependentes é se cabe máis importante para Galicia que para o resto do país. Cunha poboación avellentada que segundo o Instituto Galego de Estadística superaba o 25 % no ano 2014, o noso camiño vai ser complicado. O baixo índice de natalidade, a despoboación, o avellentamento…

A unión da política social, cultural e económica é hoxe máis crucial que nunca. O poder de transformación da unión de esas tres maquinarias da humanidade pode cambiar o noso rumbo, pero tristemente o panorama non pinta nada ben, vendo dende o outro lado os improperios que se lanzan os que aspiran ao poder nacional, unha dase conta de que a lei de dependencia, ou as políticas sociais e culturais, seguen ocupando menos espazo nos seus discursos que os insultos, e o máis triste é que tampouco os medios están a axudar a reavivar a conversa sobre que é o que podemos facer cando unha sociedade, como a nosa, avellenta sen futuro.

Como muller profesional, emigrada, e sen fillos, unha tamén se sinte culpable por esta situación. Pero eso non me quita de reivindicar o espazo necesario nos me-dios e no discurso político para a conciliación, a dependencia, e a colaboración entre as políticas económicas, sociais e culturas.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.