A través de Novoneyra

La Voz de Galicia – 17 de julio, 2020 →

Cristina PatoEu son das que namoran da poesía a través da música. Cada un ten o seu xeito de descubrir a beleza, e aínda que a poesía tamén é son, para min é a música a que fai que un poema me emocione profundamente. Se cadra é porque aprendín a crecer coa música, e foi a música a que me abriu os ollos para descubrir outros mundos, outras artes e, sobre todo, a literatura.

Como pianista acompañante (de formación e vocación) aprendín a poesía de Goethe a través da música de Schubert, a de Verlaine a través da de Fauré. E no caso da galega, a selección de poemas galegos do ciclo dedicado a Antonio Fernández Cid abriume os ollos a outro xeito de entender a relación entre a poesía e a música na nosa lingua. Tamén namorei de novo da poesía de Yolanda Castaño a través da música de Rosa Cedrón, e da de Uxío Novoneyra a través de Emilio Cao e da grandísima Uxía Senlle.

Por iso, nesta semana na que os versos visuais de Novoneyra pasaron a formar parte da colección de roupa da marca global por excelencia: Zara, eu celebro que aqueles que, en todo o mundo, descobren a beleza a través da vista poidan achegarse agora aos Poemas Caligráficos de Novoneyra. E a través del, ao resto da nosa poesía, ou simplemente a Galicia, ou simplemente ao galego, pois sen dúbida espertará curiosidade. E, se como dicía Novoneyra «A Fala e? o u?nico sitio onde seguen vivos os antepasados, a u?nica forma audible de supervivencia», ver agora as súas creacións estampadas nunha prenda de roupa que chegará a tódolos recunchos do mundo fai que unha reflexione sobre a supervivencia da lingua na era dixital… Pode unha camiseta abrir as portas a descubrir un libro, e con el a Fala, e con ela un pensamento?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.