Diversidades

La Voz de Galicia – 15 de Septiembre, 2017 →

Cristina PatoCoñecín a Lua Awel nunha cafetería de Nova York, e con ela aprendín que hai unha vida, un xeito de comunicación, que nunca tivera experimentado antes. Lua estaba no colo da súa nai Ugia, e baixo a atenta mirada do seu pai Pierrot, percorría co seu movemento continuo o universo sensorial que nos rodea e que non somos capaces de ver.

Viñan dunha terapia que é difícil de atopar no noso recanto do mundo: o mundo do neuromovemento, acuñado pola terapeuta israelí-americana Anat Baniel que seguindo a Feldenkrais desenvolveu a súa técnica ao redor do poder do movemento na plasticidade cerebral, o método ABM.

Ugia é a cantante Ugia Pedreira (Marful, Central Folque). Pero eu aínda non coñecera a Ugia a nai, a nai de Lua, unha fermosa nena con leucomalacia, microcefalia e atrofia cerebral.

Entender o esforzo económico e anímico que supuxo para eles cruzar o charco para atopar a mellor terapia para a súa filla, fixo que me cuestionase que é o que realmente significa ter un sistema sanitario para todos, igualitario, que acepta a diversidade. Lua, coma todos os nosos fillos, merece ter o mellor proceso para desenvolver a súa vida, e depender da filantropía para saír adiante desgraciadamente non é unha opción realista na nosa terra.

No seu blog Músicas de Auel, Ugia narra as experiencias de Lua, a súa relación coa música e a palabra, e cuestiónase, en primeira persoa, a situación das familias con persoas dependentes.

E é que para imaxinar unha Galicia na que todas as Luas poidan acceder á mellor das terapias, temos que comezar por entender a diversidade, incentivar a filantropía, e apoiar, sen trabas, aos dependentes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.