El Nosotros Cultural

La Voz de Galicia – 10 de abril, 2020 →

Cristina PatoEstes días unha pregúntase cal é o valor que lle damos ás cousas cando non as temos, ou cando simplemente non podemos acceder a elas. Pasear pola tardiña, ou poder camiñar collidos da man. Sentar a tomar un café e ler o periódico, ou ollar os libros na libraría. O recendo a comida da rúa dos viños, ou o son dos rapaces xogando na praza… estas son algunhas das cousas que eu boto de menos. E entón venme á cabeza esa canción de Sorrisos e lágrimas na que Julie Andrews, para animar aos rapaces nunha noite de tormenta, comeza a crear unha canción sobre as súas cousas favoritas. O My Favorite Things de Rodgers e Hammerstein que tantas veces me salvou a vida, facéndome «lembrar as miñas cousas favoritas, para non me sentir tan mal».

Tanto se son tanxibles coma se son intanxibles, o valor que lles damos ás cousas flutúa segundo o momento. Pero hai cousas que non sempre se valoran de xeito material e que importan máis ca nunca. E estes días, nos que a cultura en xeral, e as artes en particular, están máis presentes ca nunca facéndonos acceder á nosa imaxinación para poder evadirnos dunha realidade complexa; estes días deberían facernos reflexionar sobre o valor da cultura, sobre o que significa e o que engloba. Pois cultura somos todos: os das artes, os das ciencias, os das humanidades, os dos bares e os furanchos, os do turismo, os da docencia, as da asociación de viúvas e o clube de bolillos… Cultura é comunidade. Realmente estamos todos nisto e non todos van poder permitirse adiar as súas vidas.

Pero, cales son as medidas necesarias para que ese Nós Cultural poida sobrevivir ao que semella un futuro tristemente incerto? E quen as ten que tomar?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.