El ritmo del tiempo

La Voz de Galicia – 29 de mayo, 2020 →

Cristina PatoA Yoly veu de visita. Tiñamos pendente a celebración do seu aniversario, que aínda que foi en febreiro, decidiramos celebralo o 12 de marzo coincidindo coa miña estancia en Ourense. Pero ela e o seu compañeiro xa non viaxaron de Trives a Ourense ese día, pois o medo xa estaba no ar.

Falabamos cada día, e cada día faciamos plans para vernos «cando remate todo isto». «Xa che levarei os ovos das miñas galiñas, e unhas espinacas!»… pero esta semana, cando por fin conseguimos vernos, a miña irmá veu cargada de framboesas. Si, as framboesas que collera o pasado verán e que conxelara para que as puidésemos desfrutar cando nos xuntásemos de novo. E entón imaxinei o cariño co que as collera, e o amor co que as conxelou, ao seu estilo: nunha caixiña de plástico, dentro dunha bolsa que á súa vez collía noutra bolsa perfectamente empaquetada facendo un rectángulo impecable.

A Yoly atopou o seu mundo no rural hai unha ducia de anos, alí achou a paz. E eu, que levo anos pensando que realmente non son a dona do meu tempo, nestes oitenta días confinada no meu rural particular, tentando esquecer o que xa non está por vir, sentinme incriblemente afortunada por poder vivir a miña vida a ritmo real. Pois no ritmo que estaba a seguir non sempre había tempo para a reflexión, e sen reflexión non hai aprendizaxe…

Pero agora que teño que volver á miña outra vida, pregúntome canto tardarei en esquecer esta etapa, ou canto aprenderei dela. E reflexiono sobre a frase que sentenciou miña nai antonte cando me preguntou de quen era esa planta tan bonita: «esa regaloucha o Xan o outro día»; «oh, a min pásanme cousas que non desfruto porque as esquezo aos dous minutos»…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.