Improvisando el futuro

La Voz de Galicia – 22 de mayo, 2020 →

Cristina PatoTiña que tomar unha decisión profesional complexa, unha decisión cuxa resposta tería moi clara nos tempos de antes da covid-19. Deille mil voltas. Fágoo, non o fago. E finalmente, tras moito matinar, decidín que este é un momento excepcional que nos obriga a tomar decisións excepcionais.

Entón comecei a pensar no feito de que quizais unha xa non poida orientarse pola escala de valores previa, pois a realidade na que se construíron eses valores simplemente xa non existe.

Vinte dous anos como profesional da música, 12 como docente, 10 como produtora, 6 como columnista deberían servir de algo. Pero agora cambiou o medio, e con el cambiaron as calidades necesarias para sobrevivir nel; esas calidades que tanto nos custou nutrir e que agora semellan irrelevantes. Escribir estas columnas é a única das miñas profesións que non cambiou; as demais nada teñen que ver co que eran.

Estamos a facer cousas que antes nunca fariamos (levar máscaras, gardar as distancias…), cousas que nin sabemos como se fan, e que imos aprendendo segundo avanzamos. En tódalas profesións, en tódolos tipos de vida, todos estamos a aprender algo cada día. Quizais iso sexa o máis fermoso deste momento histórico.

Por iso, neses días nos que parece que a experiencia vital dunha xa non importa, tento pensar na idea de que todas esas calidades que tanto nos custou desenvolver pódense transferir a esta nova etapa. Só hai que ir probando, ensaio/erro, improvisando, até que deamos coa nosa «nova normalidade particular». Pois a única ferramenta que temos para construír o noso futuro é esa: non perder a esperanza e seguir improvisando xeitos de sobrevivir co que somos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.