Justicia y paz

La Voz de Galicia – 28 de Septiembre, 2018 →

Cristina PatoO avogado Bryan Stevenson fundara a organización Equal Justice Initiative (Iniciativa para unha xustiza equitativa) para poder loitar contra o encarceramento masivo e as inxustizas raciais dos EUA. Polo camiño, converteuse nunha das pezas clave da creación dun dos museos máis fascinantes e necesarios para a memoria histórica, o chamado Museo do Legado: da Escravitude ao Encarceramento Masivo, dentro do Museo Nacional para a Paz e a Xustiza. O enclave está situado no que fora o corazón da compravenda de escravos, Montgomery (Alabama), e o espazo que o contén, de máis de 24.000 metros cadrados, fora adquirido polo propio Stevenson coa idea de facer visible unha parte fundamental da historia do sufrimento dun país, e darlle así un espazo de homenaxe aos máis de 4.000 afroamericanos linchados no sur do país entre 1877 e 1950.

O museo inaugurouse en abril, nun momento no que a polémica sobre a retirada das estatuas das figuras máis representativas da América confederada (os estados do sur que no século XIX loitaron por manter a escravitude) estaba no punto de mira. É realmente un espazo incrible para a memoria histórica, no que se homenaxea ás vítimas dun dos problemas máis crueis da sociedade: o racismo e a escravitude.

O poder da arte no activismo, ou do activismo na arte, é máis evidente ca nunca nun lugar así: as esculturas de Hank Willis Thomas e Kwame Akoto-Bamfo fan a unha estremecerse dun xeito tan profundo como inexplicable. Fan a unha pensar sobre o noso xeito de lembrar os capítulos máis horribles da nosa historia, na que os invisibles das fosas comúns seguen a ser as vítimas, e os dos mausoleos, os verdugos. Hai tanto por facer…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.