Música y responsabilidad social

La Voz de Galicia – 19 de junio, 2020 →

Cristina PatoSon xeitos diferentes de vivir e de entender as cousas, pero é ben curioso ver cómo operan os gobernos e as organizacións culturais con respecto a abrir as portas para celebrar eventos artísticos. A pasada semana, mentres estaba en Nova York, saíu a nova de que a New York Philharmonic, unha das orquestras máis prestixiosas do país, cancelara toda a súa tempada até xaneiro do 2021, algo que xa fixera a Metropolitan Opera uns días antes. Estas dúas organizacións, xunto con outras coma o Carnegie Hall, por seguridade e responsabilidade social, xa tomaran a iniciativa de pechar os seus edificios en marzo, horas antes de que as autoridades do estado e da cidade de Nova York o fixeran de xeito oficial.

Esta semana tamén lía a nova de que a orquestra Panorama decidiu cancelar a súa tempada de verán, pois entre outras cousas prefiren «non promover as posibles aglomeracións derivadas das nosas actuacións». A Xunta de Galicia anunciara que as verbenas poderían volver o 1 de xullo, seguindo estritos protocolos de acceso e seguridade, pero a Panorama tomou a súa propia decisión baseándose no impacto económico e na responsabilidade social.

Son dous xeitos de entender a música completamente diferentes, pero son tan importantes e necesarios coma o resto das músicas e manifestacións culturais que forman parte das nosas vidas. E quizais esta sexa unha oportunidade para volver a apreciar os formatos pequenos, e para volver á cultura como ferramenta de desenvolvemento social.

E agora que damos a benvida ao verán, simplemente espero e desexo que sexamos incriblemente responsables para que esta apertura ás verbenas e aos concertos non traia consigo máis tristezas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.