Pensamiento crítico

La Voz de Galicia – 3 de junio, 2022 →

Cristina PatoEra un documental da HBO sobre o humorista neoiorquino George Carlin, pero a verdade é que moitas das súas reflexións sentíanse como pequenas pílulas filosóficas ou predicións de futuro, pois o xeito que tiveron os seus directores (Judd Apatow e Michael Bonfiglio) de narrar a súa historia persoal e profesional fai desta peza unha obra imprescindible para comprender a sociedade norteamericana contemporánea. George Carlin’s American Dream é un percorrido pola vida e carreira dun artista que dalgún xeito foi atopando a súa voz en cada momento da súa existencia, e foi compartindo esas inquedanzas, publicamente, a través da súa arte

Moitos dos seus monólogos forman parte da historia do xénero stand-up comedy, referencias que nos axudan a reflexionar sobre temas ás veces tan complexos que só co humor unha pode chegar a cuestionalos. E aínda que Carlin morreu no ano 2008 e non chegou a vivir de cheo nesta era dos humanos hiperconectados ás redes sociais, mentres unha o escoita falar sobre absolutamente todo, unha queda tamén coa curiosidade de saber como chancearía sobre esta nova realidade na que, utilizando as súas propias palabras, «a ascensión da ignorancia» xa non é unha excepción, senón unha constante…

Nun momento do documental Carlin fala de como «a xente é marabillosa», de como «adora aos individuos» e de como «aborrece aos grupos de persoas cun obxectivo común». Supoño que sería no contexto da importancia do pensamento crítico, propio e individual… pero, se conectamos esa idea do individuo e o grupo coa da «ascensión da ignorancia», entón, coma el mesmo xa predicía, parece que temos unha bomba de reloxería que simplemente xa explotou.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.