Una lección

La Voz de Galicia – 31 de diciembre, 2021 →

Cristina PatoPois aí queda un ano máis. Cheo de incerteza, coma o anterior, e cheo de inseguridade, coma o anterior. Pero tamén remata un ano no que quizais puidemos reflexionar sobre o que significa estar vivo, e sobre o tipo de vida que desexamos para o seguinte capítulo da nosa existencia.

Sen dúbida o 2021 foi un ano complexo, aínda que se unha se para a pensar no que significa esa palabra, coido que non hai un ano que non teña sido complexo. Mais o nivel de complexidade co que nos ensinou a vivir a pandemia é extremadamente cansado, e moitos de nós, durante este ano, aprendemos cales son as consecuencias do incrible esgotamento mental que orixina o non estar seguro de absolutamente nada.

Pero hoxe, buscando cousas boas para compartir nesta última columna do ano, pensei que quizais esa idea, a de aprender a vivir coa inseguridade, sexa a lección máis importante do 2021. Porque, a diferenza dos meus pais, eu crecín no benestar, na seguridade da comida na mesa, na crenza de que a nosa existencia era infinitamente máis doada ca deles, pois polo menos nós xa sabiamos cales eran os pasos que tiñamos que seguir para poder sobrevivir. Pero a realidade nunca foi así. Ese nivel de seguridade co que nos ensinaron a vivir aos fillos dos que non puideron ir á escola, esa noción de que «se fas isto ou aquilo chegarás a estoutro» sempre foi unha utopía, porque para eles a seguridade era un traballo para sempre, e non todos somos felices coa idea de ser unha soa cousa na vida.

Así que si, no 2021 aprendín que quizais a vida tamén consista en aprender a convivir coa certeza de que nunca teremos a seguridade de absolutamente nada, e que niso tamén hai beleza…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.