Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

“O Pergamiño Vindel: Unha Viaxe Musical” – VIGO

December 19, 2017 @ 8:30 pm - 10:30 pm

A gaiteira Cristina Pato será a protagonista do concerto de Nadal da Universidade de Vigo, que este ano renderá homenaxe ao Pergamiño Vindel, co gallo do seu regreso á cidade, onde permanecerá ata o vindeiro mes de marzo de 2018. O Pergamiño Vindel: unha viaxe musical é o título do espectáculo que a gaiteira dirixirá e no que fará un percorrido polas numerosas viaxes do pergamiño ata chegar, oito séculos despois da súa creación, ao mar de Vigo. Cun formato que mestura o concerto e a conferencia e que inclúe sete arranxos das cantigas orixinais realizados por recoñecidos artistas galegos procedentes de estilos como o jazz, a música antiga ou a tradicional, o espectáculo enlazará a música con pequenas conversas, en formato entrevista, con expertos na obra de Martin Codax. O Pergamiño Vindel: unha viaxe musical chegará ao escenario do Teatro Afundación o vindeiro 19 de decembro, ás 20.30 horas, dentro do programa de actos organizados pola Universidade de Vigo, que foi quen de acadar o préstamo do manuscrito que contén as cantigas de amigo do trobador Martin Codax e que foi adquirido en 1977 pola Morgan Library&Museum.

Details

Date:
December 19, 2017
Time:
8:30 pm - 10:30 pm
Website:
https://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=13370&Itemid=47

Venue

Teatro Afundación Vigo
Policarpo Sanz, 13
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map
© Cristina Pato 2014 – 2024. All rights reserved.