Actividades académicas

Memory 2019 - UCSB Faculty

A segunda semana de setembro marca o remate do curso de verán de Cristina para a Universidade de California, Santa Barbara (UCSB) Memory: An Interdisciplinary Exploration. O curso, impartido polo equipo formado por Cristina, Kenneth S. Kosik (neurociencia) e Kim Yasuda (arte visual), mais os profesores auxiliares Maiza Hixson (Artes) e Tejas Aralere (Cultura Clásica), estivo centrada desta volta en explorar a migración, a cognición humana e a memoria cultural.

Tamén no mes de setembro, Cristina comeza coas súas actividades como catedrática Rei Juan Carlos I de Cultura e Civilización Española na NYU, que veñen de ser anunciadas polo Centro Rei Juan Carlos I. Cristina organizará e acollerá os seguintes actos públicos durante todo o outono, que se celebrarán no devandito Centro:

Cristina impartirá tamén unha clase durante o semestre de primavera, titulada A música invisible do norte de España. En palabras da propia Cristina:

“Pensei en deseñar e organizar un conxunto específico de eventos que usarían esta idea de ‘invisibilidade’ como xeito de conectar os puntos entre as disciplinas coas que teño traballado ao longo dos anos e abordar importantes conversas sobre o papel das artes na memoria cultural, a diversidade e a migración.”

Antes disto, non obstante, Cristina viaxará á Arxentina, onde actuará por primeira vez, no marco do Festival Mar del Plata Capital Cultural de la Galicia Exterior, co Cristina Pato Trío Galego, o 23 de setembro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.