The Galician Connection

  1. Mundos Celtas_Celtic Worlds
  2. Meniña Gaiteira_Bagpiper Girl
  3. O Loito do Mar_Mourning Sea
  4. A Sleepin’ Bee_Abella Durminte
  5. A Pomba Dourada_The Golden Dove
  6. Caronte
  7. Miña Nai Lúa_My Mother Moon
  8. Lamento_Wail
  9. Rubias Envidias_Blond Envies
  10. Nos Altos de Washington_Washington Heights
  11. Arena y Aire II_Sand and Air II
  12. Negro Caravel

Nove anos despois do seu último disco en solitario Cristina Pato lanza o seu novo disco “The Galician Connection” en Febreiro de 2010. “The Galician Connection” é un disco íntimo, maduro e introspectivo que reafirma a fulgurante carreira de esta completa artista. É sen dúbida o disco que mostra a madurez dunha artista que soubo evolucionar.

Coas colaboracións da incrible voz de Rosa Cedrón, o jazz-acordeón de Victor Prieto Trio, a profunda voz da mezzo canadiense Patrice Jegou, o violín de Javier Cedrón e o seu cuarteto de corda, o bouzouki de Carlos Beceiro e un longo etc. de amigos e artistas incluídos os membros da súa banda: Laura Amado, David G. Outumuro, Raquel Pato e Xan Padrón. O disco, gravado entre New York, Madrid, Galicia e Lisboa, é una produción de Cristina Pato para Zouma Records que cuenta con 12 temas de autor compostos por Cristina Pato, Victor Prieto, Xan Padrón, Rosa Cedrón e Raquel Pato entre outros.

“The Galician Connection” é sen dúbida un disco moi persoal, sincero e intimista que conecta a gaita coa música contemporánea con temas como Caronte, Lamento ou Meniña Gaiteira, ao Jazz con Mundos Celtas ou Nos Altos de Washington ou aos clásicos norteamericanos con Sleepin’ Bee…sen olvidar a vertiente fresca e pop con temas como Rubias Envidias.” The Galician Connection” mostra tamén o outro lado de Cristina Pato acompañando ao piano as voces de Rosa Cedrón e a mezzo Patrice Jegou en temas compostos por Harold Arlen e Truman Capote, Raquel Pato e Rosa Cedrón (Sleepin’ Bee, Negro Caravel, Miña Nai Lúa). En “The Galician Connection” a gaita galega e o piano de Cristina Pato acércanse e conectan a música contemporánea, as vangardas ou o jazz…

“The Galician Connection” é o comenzo dunha nova etapa na carreira dunha das artistas galegas con máis proxección internacional. Pioneira no trato e uso da gaita galega como instrumento global, Cristina Pato continúa dando a coñecer o instrumento galego por excelencia a través da música clásica contemporánea e da súa propia linguaxe.

Cristina Pato é membro do Silk Road Ensemble de Yo Yo Ma.