An Invisible Ancestry and the Unquiet Genes of the Brain – KJCC na NYU

King Juan Carlos Chair CRISTINA PATO | A CONVERSATION WITH CRISTINA PATO AND KENNETH S. KOSIK: An Invisible Ancestry and the Unquiet Genes of the Brain

O xoves 17 de outubro, Cristina acolle a segunda conferencia pública como catedrática Juan Carlos I de Cultura e Civilización Española na NYU. O evento, que é de balde e aberto ao público, celébrase no Auditorio do KJCC, e leva por título A Conversation with Cristina Pato and Kenneth S. Kosik: An Invisible Ancestry and the Unquiet Genes of the Brain.

Nesta conversa, a artista e educadora Cristina Pato e o neurocientífico Kenneth S. Kosik falarán sobre música, perda de memoria, memoria cultural, aprendizaxe e xenética. O doutor Kosik é codirector do Instituto de Investigación en Neurociencias e profesor Harriman de Investigación en Neurociencias na Universidade de California, Santa Bárbara. Nos últimos 25 anos estivo investigando sobre a familia máis grande do mundo con aparición precoz hereditaria da enfermidade de Alzheimer, no estado de Antioquia, Colombia. O seu traballo xunto ao profesor Franscico Lopera, director do Grupo de Neurociencia de Antioquia, inspirou a Cristina a co-crear e co-impartir unha clase transdisciplinar sobre memoria e migración na UCSB. Este proxecto colaborativo, deseñado como parte da Arnhold Innovative Teaching and Learning Initiative para a División de Humanidades e Belas Artes, foi co-creado por Pato, Kosik e Kim Yasuda (Arte espacial).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.