Compartir sorrisos

La Voz de Galicia – 18 de marzo, 2022 →

Cristina PatoEra un chío da correspondente de RTVE Almudena Ariza sobre o traballo dun grupo de pallasos nunha das fronteiras de Ucraína. Estaban a recibir aos rapaces refuxiados con sorrisos e brincadeiras e Ariza chiaba «isto é o máis bonito que vin en moito tempo», e compartía un vídeo da organización Dream Doctors con rapaces rindo ás gargalladas. E entón pensei na organización nada en Catalunya en 1993 Pallassos Sense Fronteres, e na cantidade de alegría que teñen levado á rapazada en zonas de conflito desde que comezaron. Sen dúbida foron pioneiros na idea de organizarse para entender o poder social do sorriso, pois a súa misión «consiste en mellorar a situación emocional da infancia que padece as consecuencias de conflitos armados, guerras ou catástrofes naturais».

Na súa páxina web contan a historia de como xurdiu a idea: de como a conexión entre un colexio de Barcelona (Escola Projecte) e un colexio da cidade de Veli Joze, na actual Croacia, fixo que os rapaces de Barcelona contactaran co pallaso Tortell Poltrona para levalo ao campo de refuxiados de Savudrija. E desa primeira viaxe, á guerra dos Balcáns, nace a necesidade de continuar, até tal punto que tiveron que crear a organización Clowns Without Borders International para aglutinar ás múltiples asociacións arredor do mundo que seguen «os mesmos valores éticos» de PSF.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.