O diálogo

La Voz de Galicia – 5 de febreiro, 2020 →

Cristina PatoAo final da primeira onda da pandemia o primeiro que fixen foi ir á libraría. Durante o confinamento anotara unha ducia de libros que quería ler, entre eles El infinito en un junco, de Irene Vallejo. E unha vez que o abrín non o puiden deixar, pois pareceume fascinante o seu xeito de lembrarnos as razóns polas que as humanidades e as ciencias deberían ir da man, ou a importancia do diálogo para aprender a ser. Todo isto a través dun relato tan entretido coma edificante sobre a orixe dos libros no mundo antigo.

Esta semana lía unha entrevista coa autora na que reflexionaba sobre a idea de que «cando a ciencia e a filosofía, a investigación médica e a creación cultural camiñaron da man, a humanidade alcanzou cotas asombrosas de progreso e benestar». E pensei que hoxe ese diálogo é máis necesario ca nunca, na nosa relación co que está a acontecer e no noso sistema educativo.

A miña vida cambiou cando hai oito anos comecei a traballar na intersección entre as ciencias e as humanidades. Todo empezou de casualidade: unha historia sobre a perda da memoria levoume a crear unha obra musical que acabou converténdose na base dunha proposta educativa sobre o rol das artes na sociedade. O meu intento de entender e abrazar a perda da memoria desde diferentes perspectivas acabou abríndome as portas a traballar nun xeito diferente de entender as artes como eixo que conecta non só disciplinas, senón tamén conversas tan complexas coma os individuos que as desenvolven.

Nese lugar, entremedias, aprendín a escoitar e encontrei o meu lugar. Grazas ao diálogo constante cos que saben o que eu non sei atopo repostas a preguntas que aínda non me fixera.

1 Comment

  1. A new reader here, one who had head trauma and memory loss in his 20’s. I worked back with cranial-sacral, but I was already deeply involved in my own artistic endeavors in theater and music, which has been now a lifetime career. The demands and discipline of those arts gave me an immeasurable leg up on getting my mind and perception back, but as a former dancer, I also had an enormous sense of the body’s actual capacities in both the scientific and the visceral.. That feels like somewhat of an intersection of science and the arts, and it helped me heal. I will be fascinated to see where your journey takes you. Thank you for sharing your thoughts.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.