Reparar a memoria

La Voz de Galicia – 5 de Xullo, 2019 →

Cristina PatoAgochadas no fondo do estante había ducias de videocasetes que contiñan todo tipo de tesouros. Quedei mirando para elas: e que fago con isto? Había concertos meus dos anos noventa, e eu, que prefiro non mirar atrás, pensei: e se me desfago delas? Eu xa non son «aquela»…

Pero alí, coas dos concertos, había tamén unha serie de cintas que poñían «A casa do meu pai», e lembrei que «aquela» tiña un proxecto en mente que nunca levara a cabo. Quería contar a historia do proceso de facerse cunha tumba no cemiterio de Armariz, pois cando morrera meu pai non tiñamos sitio para enterralo. Durante meses gravei o proceso da miña familia para conseguir un nicho dos antigos para o Dositeo. Incluso gravei a un dos seus amigos, o Redondo, facendo a reforma completa da «casa do meu pai»: limpando a tumba vella, ensanchando o espazo para un cadaleito grande, achaiando as paredes, colocando os mármores.

Aínda que non as quixen ver, de súpeto lembrei o importante que fora ese proceso para min. Era a miña propia memoria histórica da inesperada morte de meu pai. Era o meu obituario particular.

Hai un ano que o diario The New York Times comezou unha nova sección dentro das necrolóxicas chamada Overlooked (algo así como ‘Pasadas por alto’), na que pretenden reparar o feito de que a meirande parte dos obituarios escritos no diario dende 1851 foran dedicados a homes brancos. A historia escríbese de mil xeitos; honrar aos mortos é un deles. Aínda que eses mortos morreran hai máis dun século, recuperar a memoria dos ignorados para ser capaz de entender a situación actual é algo necesario para poder reparar as pequenas grandes fendas que están a rachar o mundo.

1 Comment

  1. Cristina, te conoci ayer viendo Rusian T.V.. No solo me emocionó tu historia y admirable recorrido musical, sino que me intereso tu trabajo sobre la memoria. Soy de Argentina, Buenos Aires, trabajo en Escuelas Públicas de Educación Especial, como Psicopedagoga de los equipos interdisciplinarios. Pero también estoy empezando a pensar un proyecto personal para trabajar con adultos mayores, talleres de memoria, motivada por lo vivido con mi padre a partir de que tuvo un ACV. y canto amateur en un coro.Me hiciste ver que la música es LA herramienta por excelencia y yo uniría mis dos pasiones. Tenes libros, o material sobre esas investigaciones o experiencias que trabajaste al respecto.??, bueno, recien empiezo a ver tu pagina y ya te escribí, porque me pareces interesantísima, y me renovaste el entusiasmo. Muchas veces me pregunto porque la música española me emociona hasta las lágrimas, cuando no tengo ascendencia española, sino Italiana, y con muy poca transmisión por ser mi padre huérfano de pequeño. Y de parte de madre ascendencia paraguaya, a pesar que el apellido es Prieto…..nada, tal vez tus trabajos me hagan comprender esta fibra que me une a España. Un cálido abrazo, desde el aislamiento de ya mas de 3 meses aca por la pandemia 2020.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.