A escritora Cristina Pato ven de gañar o XVII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego que impulsa Afundación, a obra social … More
Autor: cristinapato
Premio Artista Comprometido da Fundación Carasso
A Fundación Daniel e Nina Carasso ven de anunciar os galardonados do Premio Artista Comprometido. Esta primeira edición do premio destaca o valor das prácticas artísticas significativas desenvolvidas no marco de proxectos colectivos e sociais. O premio ten como obxectivo sacar á luz compromisos artísticos destacables.
Nova colaboración con Arturo O’Farrill
Encargado por Spain Arts & Culture e AECID e gravado na cidade de Nova York durante a pandemia, o pianista e fundador da Afro Latin Jazz Alliance Arturo O’Farril e Cristina actuaron e gravaron este video xuntos.
Peace Through Music: A Global Event for Social Justice
En homenaxe ao 75 aniversario das Nacións Unidas e a GivingTuesday, Playing For Change e o Fondo de Poboación das Nacións Unidas (UNFPA) están encantados de anunciar Peace Through Music: A Global Event for Social Justice, exclusivamente en Facebook Live.
Finalista do XVII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
Cristina Pato foi seleccionada como unha das tres finalistas do XVII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego que impulsa Afundación, a obra social de Abanca, polo seu artigo Realidades paralelas publicado en La Voz de Galicia o 3 de maio de 2019.
De Galicia a Vancouver: The Chan Centre Dot Com
Cristina volve, virtualmente, ao Chan Centre, en Vancouver, Canadá. O seu último concerto no The Chan, o pasado ano e co Cristina Pato Quartet, fora escollido coma un dos dez mellores concertos do 2019 polo crítico Stuart Derdeyn do periódico The Province.
Novas de setembro
Cristina colaborou co artista Juan Valderrama nun concerto en Madrid celebrado con tódalas medidas de prevención no patio do Centro Cultural Conde Duque, dentro do ciclo Los Veranos de la Villa.
Invisible(s) e outras novas
Aínda que a meirande parte da tempada de actuacións foi cancelada ou aprazada por mor da pandemia, Cristina Pato e Mazz Swift veñen de crear unha sesión en liña especial do seu fascinante Invisible(s) Project para a Chautauqua Institution.
SOAS, reunidas de novo para un concerto especial para a TVG (Televisión Pública de Galicia)
A cantante e cellista Rosa Cedrón e a pianista e gaiteira Cristina Pato únense de novo como SOAS, dez anos depois do seu proxecto conxunto.
New York University e Harvard University
Aínda que a meirande parte da tempada de concertos foi cancelada ou adiada pola pandemia, Cristina continua coa súa vida académica online, impartindo a súa clase para a NYU “Invisible Music of Northern Spain” e colaborando coma profesora invitada na Universidade de Harvard.
“Entón, a primavera?” Escribir durante a tormenta…
Polo menos podo seguir escribindo as miñas columnas para La Voz de Galicia, e eso axúdame a ter esperanza e a sensación … More
Conferencias e concertos en Harvard e NYU
O xoves 5 de marzo, Cristina acolle a súa derradeira conferencia pública como titular da cátedra Juan Carlos I de Cultura e Civilización Española na NYU.