De Galicia a Vancouver: The Chan Centre Dot Com

Cristina volve, virtualmente, ao Chan Centre, en Vancouver, Canadá. O seu último concerto no The Chan, o pasado ano e co Cristina Pato Quartet, fora escollido coma un dos dez mellores concertos do 2019 polo crítico Stuart Derdeyn do periódico The Province.

Novas de setembro

Cristina colaborou co artista Juan Valderrama nun concerto en Madrid celebrado con tódalas medidas de prevención no patio do Centro Cultural Conde Duque, dentro do ciclo Los Veranos de la Villa.

Invisible(s) e outras novas

Aínda que a meirande parte da tempada de actuacións foi cancelada ou aprazada por mor da pandemia, Cristina Pato e Mazz Swift veñen de crear unha sesión en liña especial do seu fascinante Invisible(s) Project para a Chautauqua Institution.

New York University e Harvard University

Aínda que a meirande parte da tempada de concertos foi cancelada ou adiada pola pandemia, Cristina continua coa súa vida académica online, impartindo a súa clase para a NYU “Invisible Music of Northern Spain” e colaborando coma profesora invitada na Universidade de Harvard.