Cristina Pato actuará no Concerto de Despedida do Director da New York Philharmonic

Cristina Pato & NY Philharmonic - 2015
Cristina Pato performing with the NY Philharmonic – February 2015

O 8 de xuño, para o primeiro dos concertos de despedida do Director Musical da NY Philharmonic Alan Gilbert, Yo-Yo Ma, Edward Perez, e os membros do Silk Road Ensemble Cristina Pato, Johnny Gandelsman, e Shane Shanahan únense á New York Philharmonic e a músicos de orquestras de todo o mundo. O concerto, co tema “celebrando o poder da música para unir a través das fronteiras”, incluirá Ibn Arabi Postlude de Kinan Azmeh e The Latina 6/8 Suite de Edward Perez, a peza concibida e encargada por Cristina e o Silkroad para o seu proxecto Latina. O propio Alan Gilbert uniráse a eles ao violín

Cristina xa ten actuado coa New York Philharmonic: en febreiro de 2015 convertiuse na primeira gaiteira en tocar coa afamada orquestra, nun concerto no que interpretaron Rose of the Winds de Osvaldo Golijov. Aquí vai o enlace ao video gravado para o telexornal da TVG naquela ocasión.

As entradas para o concerto están xa esgotadas. Para máis información, visita a web da NY Philharmonic →.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.