Cristina Pato Dirixe “O Pergamiño Vindel: Unha Viaxe Musical”

Pergamiño VindelO histórico Pergamiño Vindel, a xoia da música profana galega onde se recollen as cantigas de Martin Codax, retorna á súa cidade natal, tras 700 anos! O manuscrito do século XIII permanecerá no Museo do Mar de Vigo até marzo de 2018.

Cristina Pato foi invitada pola Universidade de Vigo para producir un espectáculo para celebrar tan histórica ocasión. “O Pergamiño Vindel: Unha Viaxe Musical terá lugar en decembro cun formato que combina música e conversa con expertos no documento histórico. O concerto incluirá sete arranxos das cantigas orixinais escritos por artistas galegos de renome procedentes de estilos coma o jazz, a música antiga, moderna e tradicional.

O Pergamiño Vindel: Unha Viaxe Musical celebraráse o 19 de decembro no Teatro Afundación de Vigo.

Antes disto, non obstante, Cristina estará de xira de novo polos EEUU co Cristina Pato QUARTET en novembro, nunha serie de actuacións que incluirá: Chapel Hill, NC (Memorial Hall, University of North Carolina – 3 de novembro), Erie, PA (Bruno’s Cafe, Pennsylvania State University – 14 de novembro), Princeton University, NJ (Richardson Auditorium – 16 de novembro), e Longwood Gardens, PA (17 de de novembro)

Cristina at Project Zero 50th Anniversary CelebrationEntre o 20 e o 21 de novembro, Cristina participará tamén nunha conferencia que se celebrará na Universidade de Santiago: I Congreso Internacional da Asociación Galega de Investigadoras e Investigadores en Comunicación “Alén das Fronteiras: Redes na Diversidade”.

Por outra banda, os pasados días 13 e 14 de outubro Cristina tivo a honra de representar ao Silkroad na celebración do 50 Aniversario do Project Zero da Universidade de Harvard, con Howard Gardner, David Perkins e Steve Seidel.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.