Cristina Pato e The Silk Road Ensemble: Xira Europea

Zorlu Center

A primeira semana de setembro, Cristina partiu cos seus compañeiros do The Silk Road para a Xira Europea do Ensemble, que inclúe escenarios de Izmir, Estambul, París, Amsterdam, Luxemburgo, e, xa de volta en norteamérica, Toronto (máis información na sección Axenda).

Para aqueles que non teñades a sorte de poder asistir a ningún destes concertos, aquí deixamos un video do Ensemble interpretando Muiñeiras from Cancionero en directo, na celebración dos quince anos do grupo en Tanglewood:

O director gañador dun Oscar Morgan Neville estará rodando unha vez máis ao grupo en Turquía e Toronto, para o documental The Sound of Silk.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.