Cristina Pato, gañadora do XVII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

A escritora Cristina Pato ven de gañar o XVII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego que impulsa Afundación, a obra social de Abanca, polo seu artigo Realidades paralelas publicado en La Voz de Galicia o 3 de maio de 2019. 

O xurado, presidido polo presidente da Real Academia Galega Víctor Freixanes, e formado por Carlos Valle, Fina Casalderrey, Gloria Rodríguez e Inma López Silva, anunciou a resolución o xoves 17 de Decembro nunha cerimonia pública celebrada na sede de Afundación en Pontevedra. 

No seu discurso de aceptación Cristina deu as grazas ao xurado polo seu compromiso coa universalidade dos temas das columnas finalistas, ao persoal de Afundación e en especial aos seus colegas Míriam Ferradáns e Diego Giráldez, polas súas fermosas columnas. 

A cerimonia de entrega está dispoñible aquí ( o seu discurso de agradecimiento comeza no minuto 56’).

A columna de Cristina para La Voz de Galicia, que leva por título A Arte da Inquedanza, sae todos os venres na contraportada da edición impresa do xornal, e online aquí →.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.