Cristina Pato Grava o Concerto de Octavio Vazquez coa Real Filharmonía de Galicia

Cristina Pato - Real Filharmonía de Galicia
Cristina Pato - Real Filharmonía de Galicia
Cristina Pato - Real Filharmonía de Galicia
Cristina Pato - Real Filharmonía de Galicia
Cristina Pato - Real Filharmonía de Galicia

Os días 11 e 12 de xullo, Cristina estivo en Santiago de Compostela gravando o concerto para gaita de Octavio Vázquez coa Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Paul Daniel. A peza, “Viúvas de vivos e mortos”, unha homenaxe ás mulleres galegas, fora encargada por Cristina Pato no ano 2014 como parte do seu pioneiro proxecto de expansión do repertorio para gaita e orquestra Gaita and Orchestra Commissioning Project, apoiado en parte por New Music USA. A gravación será parte do vindeiro album da Real Filharmonía de Galicia, dedicado a compositores galegos contemporáneos.

A próxima parada con esta peza: a estrea norteamericana na Chautauqua Institution coa Chautauqua Symphony Orchestra, o 9 de agosto.

Por outra banda, Cristina foi a invitada nun dos últimos episodios do podcast de ciencia da NPR Hidden Brain. O programa, presentado por Shankar Vedantam ten gañado numerosos premios, incluíndo un Webby e un Kavli Science Journalism Award da Asociación Americana para o Avance da Ciencia. Neste episodio, Cristina fala sobre o efecto de borde, e como se aplica ao intercambio intercultural e á creatividade. Pódelo escoitar aquí:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.