Cristina Pato Impartirá Clases Este Curso na Universidade de Harvard

Harvard Extension SchoolCristina Pato, xunto co seu compañeiro do Silkroad Shane Shanahan, impartirá clase durante este semestre no Departamento de Música da Universidade de Harvard, dentro do programa ‘The Blodgett Distinguished Artist in Residence’ que mantén Harvard dende hai 22 anos, e que convida a artistas e grupos distinguidos dar clases e realizar actuacións de distinto tipo no seu Departamento de Música.

Cristina estará ensinando no Departamento de Etnomusicoloxía nun novo curso chamado “Performing Musical Difference: Case Studies from the Silk Road Project,” que dirixe Kay Kaufman Shelemay, en cooperación con músicos de Silk Road Ensemble. Nel exploraranse os procesos sociais e os retos éticos do intercambio musical, co obxectivo de crear “conexións inesperadas, colaboracións e comunidades na procura dun cambio significativo”.

Este é un paso máis na súa relación coa Universidade de Harvard, xa que Cristina leva seis anos impartindo aulas nos veráns e en diferentes cursiños ao longo do curso académico co Departamento de Educación (Harvard Graduate School of Education) sobre o poder das artes na educación e na sociedade (‘Arts and Passion Driven Summer Institute’ ou o último sobre ‘Arts and Healing’), en colaboración con Silk Road Project, que está en residencia na universidade e do que Cristina é conselleira de educación. 

Podes atopar máis información sobre o curso aquí → e podes ver o vídeo presentación → no que participa a propia Cristina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.