Cristina Pato Opta a Dous Premios Grammy

splendortvCristina Pato opta a dous Premios Grammy. Sing Me Home, o último album de Yo-Yo Ma e o Silk Road Ensemble foi nominado para o Grammy ao Mellor Album de World Music. O album conta coa participación dos músicos galegos e membros de Rústica Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña, que Cristina levou ao Silk Road para gravar Cabaliño, un novo arranxo desta fermosa canción tradicional galega.

Ademais disto, o documental de Morgan Neville The Music of Strangers foi nominado para o Grammy á Mellor Película Musical. Cristina estivo recentemente nunha xira promocional en varias cidades italianas, incluindo Roma, Milán, Florencia, Boloña, Nápoles e Sorrento, e participou en varios programas de radio e televisión na RAI, o diario La Republica e a cadea Sky HD. Podes ver vídeos das súas participacións aquí → e aquí →

Cristina recibiu as novas das nominacións aos Grammy en Harvard, onde hoxe mesmo presenta unha conferencia sobre o poder das Artes na Medicina: Rhythms of Life: A Conversation on the Arts and Healing with Silkroad – HARVARD

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.