enlazARTE: Nova Columna de Cristina Pato para El Correo Gallego

El Correo Gallego - 21/09/2015

Cristina comeza unha nova colaboración co diario El Correo Gallego para escribir unha nova columna titulada enlazARTE, que será publicada con carácter bimensual.

Como reacción ás últimas decisións políticas en España acerca do rol das artes no sistema educativo, Cristina explorará o poder da integración das artes na educación, a través de iniciativas educativas por todo o mundo. A súa experiencia neste campo inclúe a súa colaboración coa iniciativa Turnaround Arts do Comité Presidencial de Artes e Humanidades, o Instituto de Verán Passion Driven Learning do GSE/Silkroad na Universidade de Harvard, e a súa residencia do Arts Transcending Borders no College of the Holy Cross.

O primeiro artigo foi publicado o 21 de setembro, o Día Mundial do Alzheimer. Nel, Cristina trata os beneficios da música para os enfermos de Alzheimer. Aquí vai o enlace ao artigo →

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.