Escritora

Música, escritora, educadora e produtora, Cristina Pato foi aclamada como “unha virtuosa explosión de enerxía” por The New York Times. Na actualidade, a súa vida profesional está centrada na exploración do rol das artes na sociedade a través da docencia e da produción. Bio completa


Cristina agasállanos cada semana cunha visión do mundo dende a Galicia da nova modernidade. Entusiasmo, lealdade, talento e esperanza, que tanto necesitamos

—Víctor Fernández Freixanes, Presidente da Real Academia da Língua Galega

No ano 2015, Cristina comezou a súa andaina como escritora e columnista cunha columna quincenal no xornal El Correo Gallego, e desde o 2017 Cristina escribe unha popular columna semanal para a contraportada do periódico La Voz de Galicia titulada “A arte da inquedanza” pola que gañou o XVII Premio Afundación de Periodismo Fernández del Riego. 

No ano 2022 debuta como novelista, na Editorial Galaxia, cunha historia personalísima que pon en valor a grandeza do pequeno, dos actos desinteresados, das accións que ninguén ve pero que son capaces de transformar a socidade. Publicada na colección Literaria, de Editorial Galaxia, é unha lectura emocionante e imprescindible.

No día do seu enterro é unha novela sobre o poder da palabra, sobre a nobreza dos invisibles e sobre as verdades non contadas. Unha conmovedora historia sobre o que significa reconstruír a vida para poder sacar adiante unha familia.

No día do seu enterro - Cristina Pato - Editorial Galaxia