Estrea Europea de The Music of Strangers: Yo-Yo Ma and the Silk Road Ensemble na Berlinale

Music of Strangers - Premiere at TIFF
O último traballo do director gañador do Oscar Morgan Neville, The Music of Strangers: Yo-Yo Ma and the Silk Road Ensemble estrearase en Europa na Berlinale.

O documental, seleccionado coma unha das tres proxeccións especiais da 66ª Berlinale, amosarase o luns 15 de febreiro de 2016 ás 21 horas no Friedrichstadt-Palast. Cristina acudirá a esta proxección especial, xunto cos seus compañeiros do Silkroad Kinan Azmeh e Kayhan Kalhor, e participarán nunha rolda de preguntas.

The Music of Strangers: Yo-Yo Ma and the Silk Road Ensemble estrearase en cines da man de The Orchard en Xuño de 2016, seguido dunha estrea televisiva na cadea norteamericana HBO.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.