Eventos de novembro: BoCo, Harvard e NYU

O mes de novembro trae a Cristina eventos nalgúns dos centros educativos máis prestixiosos dos Estados Unidos: o venres 1 de novembro os estudantes do Conservatorio de Boston presentan unha actuación e conversación íntimas cos artistas convidados de Silkroad Kinan Azmeh, clarinete, e Cristina Pato, gaita. Esta actuación representa a culminación do curso intensivo de tres días de Silkroad no Conservatorio.

Tamén con Silkroad, Cristina regresa á Universidade de Harvard para dúas colaboracións: co profesor James P. Honan da Harvard Graduate School of Education nunha clase sobre as entidades sen ánimo de lucro no sector educativo, o 29 de outubro, e coa Advanced Leadership Initiative, o 22 de novembro.

A continuación, o 14 de novembro, Cristina acolle a terceira conferencia pública como catedrática Juan Carlos I de Cultura e Civilización Española na NYU: A Conversation with Cristina Pato, Afa S. Dworkin and Arturo O’Farril: Afro Latin Perspectives in Jazz and Classical Music. Nesta conversa, Cristina reúne aos líderes de dúas organizacións que influíron na súa forma de entender a diversidade e a visibilidade do jazz e da música clásica. Afa S. Dworkin é a Presidenta e Directora Artística da Sphinx Organization, fundada en 1997 co obxectivo de abordar a infrarrepresentación de persoas de cor na música clásica. Arturo O’Farrill é o fundador e Director Artístico da Afro Latin Jazz Alliance, unha organización sen ánimo de lucro dedicada á interpretación, educación e preservación da música afrolatina. Mentres aprende sobre os seus programas, Cristina involucrará a Dworkin e O´Farrill nunha conversa sobre diversidade, inclusividade e visibilidade no jazz e música clásica.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.