Finalista do XVII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

Cristina Pato foi seleccionada como unha das tres finalistas do XVII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego que impulsa Afundación, a obra social de Abanca, polo seu artigo Realidades paralelas publicado en La Voz de Galicia o 3 de maio de 2019. Trala deliberación do xurado, presidido polo director da Real Academia Galega Víctor Freixanes, e formado por Carlos Valle, Fina Casalderrey, Gloria Rodríguez e Inma López Silva, fíxose pública a resolución o xoves 15 de outubro pola que se dan a coñecer os artigos finalistas, unha terna na que Míriam Ferradáns, con Aprender a contar, publicado en Sermos Galiza, e Diego Giráldez, con A cardiopatía de Xulia, de Praza Pública, acompañan a Cristina Pato. 

O gañador do premio darase a coñecer no mes de novembro.

A columna de Cristina para La Voz de Galicia, que leva por título A Arte da Inquedanza, sae todos os venres na contraportada da edición impresa do xornal, e online aquí →.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.