Joe’s Pub NYC, Festival de Cans, NPR e Aspen Festival

Despois de unha tempada primaveral de vértigo, Cristina Pato formará parte neste mes do xurado do festival de cine máis auténtico e orixinal do panorama nacional: o Festival de Cans, en Galicia. Dirixido por Alfonso Pato esta iniciativa celebra o seu décimo aniversario na última semana de Maio.

Ademáis Cristina Pato e a Migrations Band, despois de colgar o cartel de entradas esgotadas o pasado mes de Xaneiro, volven a Nova York, esta vez no Joes PUB. No mes de Xuño Cristina colaborará con inicitativas como o Aspen Institute en Colorado, o Turnaround Arts do Presidential Committee of the Arts e a NPR, National Public Radio de EEUU.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.