“My Lethe Story” con Cristina Pato e Músicos da UCSB

O 19 de abril Cristina únese a músicos da Universidade de California, Santa Barbara nun evento de música e debate no que interpretarán My Lethe Story: The River of Forgetfulness, a peza composta por Cristina e inspirada na loita da súa nai contra a demencia; seguirálle un debate sobre como ciencia e arte poden aprender unha da outra para entender a memoria e a súa perda. Os tertulianos tamén discutirán as oportunidades de investigación sobre estes asuntos que os estudantes da UCSB terán no novo curso de verán que Cristina vai impartir conxuntamente cos profesores Ken Kosik (Neurociencia) e Kim Yasuda (Artes). Memory: An Interdisciplinary Exploration introducirá aos estudantes ao campo dos estudos multidisciplinares sobre memoria e demostrará como diferentes disciplinas se achegan a cuestións comúns. Podes ver a videopresentación aquí →. Fai click aquí → para máis información sobre o evento.

O curso está apoiado pola xenerosidade de Jody e John Arnhold. Esta iniciativa está patrocinada por Jody e John Arnhold, UCSB Arts & Lectures, Division of Humanities and Fine Arts, College of Creative Studies, Department of Music, Department of Art, Neuroscience Research Institute, Department of Molecular, Cellular and Developmental Biology.

Cristina chega a California tras unha semana na Reserva Cheyenne do Norte de Lame Deer, Montana, onde o Silkroad continúa participando en proxectos interdisciplinares cos estudantes de Lame Deer. Podes ler máis sobre o seu labor alí neste artigo: Musicians in ensemble founded by Yo-Yo Ma visit Lame Deer students

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.