Música, escritora, educadora e produtora, Cristina Pato foi aclamada como “unha virtuosa explosión de enerxía” por The New York Times. Na actualidade, a súa vida profesional está centrada na exploración do rol das artes na sociedade a través da docencia e da produción. Bio completa
Durante a súa carreira profesional como música, Cristina Pato publicou seis discos como gaiteira solista e dous como pianista. Ademais de colaborar en varias gravacións como artista invitada, incluíndo os álbums gañadores dun Grammy Yo-Yo Ma and Friends: Songs of Joy and Peace (SONY BMG, 2008) e Sing me Home: Yo-Yo Ma & Silk Road Ensemble (SONY Masterworks, 2016), o álbum de jazz (tributo a Miles Davis) Miles Español: New Sketches of Spain (Entertainment One Music, 2011), e o documental The Music of Strangers: Yo-Yo Ma & The Silk Road Ensemble (HBO, 2015), do director Morgan Neville.
Desde o ano 1999 os seus intereses musicais e culturais levárona a colaborar con artistas do mundo da World Music, do jazz, da música clásica, da música experimental e da danza, incluíndo o seu mentor Yo-Yo Ma, a Chicago Symphony e a New York Philharmonic, Osvaldo Golijov, Arturo O’Farrill, e os bailaríns Damian Woetzel e Lil’ Buck. O seu poderoso estilo único e inconfundible, foi aclamado en varias ocasións por The New York Times e admirado por The Wall Street Journal ou Downbeat Magazine.
Na súa prolífica carreira coma intérprete levou adiante o Cristina Pato Quartet (EUA), o Trío Galego (Europa), o dúo SOAS (con Rosa Cedrón) e o proxecto Invisible(s) (con Mazz Swift). Ademais de encargar unha ducia de obras para gaita galega e diferentes formacións, incluíndo o concerto para gaita e orquestra “Viúvas de vivos e mortos” do compositor Octavio Vázquez, gravado pola Real Filharmonía de Galicia no 2018 (Odradek Records, 2021).
Cristina colabora co Silkroad Project, a organización fundada polo violonchelista Yo-Yo Ma, desde o ano 2006. Co Silkroad Ensemble (2006-2020) participou en xiras por China, Corea, Australia, Emiratos Árabes, Nova Zelandia, Europa e os EUA, actuando en escenarios tan icónicos coma o Carnegie Hall, o Hollywood Bowl ou o Gran Teatro Nacional de China. Con Silkroad traballou tamén como Asesora de Educación (2014-2019) colaborando na planificación de residencias e actividades educativas, entre elas a colaboración multianual coa Universidade de Harvard, participando ademais coma profesora no The Arts and Passion-Driven Learning Summer Institute para artistas e educadores, deseñado en colaboración coa Escola de Educación de Harvard.
Invisible(s)
Invisible(s) foi un proxecto de Cristina Pato en colaboración coa violinista e compositora Mazz Swift para a tempada 2019-2020. Invisible(s) presentaba unha apaixonante combinación de historias e música, con composicións de Cristina e Mazz amais de catro novas pezas de Michi Wiancko, Alisa Rose, Dana Lyn e Octavio Vázquez, encargadas por Cristina específicamente para este proxecto.
Cristina Pato QUARTET (EE.UU.)
O Cristina Pato Quartet foi unha mestura única de jazz, latin-jazz e world music cos músicos, compositores e arranxistas baseados en Nova York Edward Perez (baixo), Julien Labro (acordeón) e Mauricio Zottarelli/Juan Felipe Mayorga (batería).
Cristina Pato Trío Galego
O Cristina Pato Trío Galego explorou as conexións entre a música galega, o jazz e a música contemporánea a través da experiencia dos versátiles músicos e arranxistas galegos Roberto Comesaña (acordeón) e Miguel Cabana (percusión). Un fascinante formato que celebrou a diversidade da música galega do século XXI.
Silkroad
Yo-Yo Ma concibiu Silkroad en 1998 como un recordatorio de que, aínda que a rápida globalización resultou en división, trouxo tamén posibilidades extraordinarias para traballar xuntos. Reuniu a músicos das terras da Ruta da Seda para co-crear unha nova linguaxe artística, unha linguaxe musical fundada na diferenza, unha metáfora dos beneficios dun mundo máis conectado.
Cristina ten colaborado con Silkroad dende 2006.
Solo
Cristina ten encargado unha ducia de obras para gaita galega e diferentes formacións, incluíndo o concerto para gaita e orquestra “Viúvas de vivos e mortos” do compositor Octavio Vázquez, gravado pola Real Filharmonía de Galicia no 2018 (Odradek Records, 2021).
Produtora independente
Como productora independiente, Cristina está especializada en eventos y proyectos centrados en la intersección entre arte y sociedad, incluyendo la iniciativa ESENCIAIS 20/50 (en colaboración con Xaime Fandiño y CUNDE), el Festival Galician Connection, o dos días de cultura en acción para el proyecto global The Bach Project de Yo-Yo Ma.