NEWSLETTER Decembro 2012

A gaiteira galega Cristina Pato lanza o seu novo disco Migrations coa discográfica de jazz Americana SUNNYSIDE Records. Roots and Jazz: With Victor Prieto, Edward Perez, Eric Doob, Emilio Solla and GUESTS Edmar Castaneda, Mike Block, John Hadfield, Sandeep Das, Colin Jacobsen, Suso Vaamonde, Roberto Comesaña.

Despois de xirar este outono por EEUU con Yo Yo Ma e o Silk Road Ensemble, pola India con Sandeep Das e o HUM Ensemble e colaborar como artista invitada no Festival Internacional de Jazz de Barcelona con Omar Sosa; Cristina Pato continua a sua imparable andadura en solitario co lanzamento do seu novo disco MIGRATIONS en Xaneiro do 2013 (coa discográfica de jazz Americana Sunnyside Records).

A gaiteira acaba de regresar dunha xira por Texas patrocinada por Texas Performing Arts e Musical Bridges Around the World. Durante este mes Cristina Pato colaborou tamen en labores educativas con MBAW, Silk Road Connect e o Presidential Committee of the Arts and Humanities dos EEUU e Harvard University.

As próximas paradas da gaiteira inclúen Ourense o 20 de Decembro, Harvard University, e en Xaneiro o mítico Jazz Standard de NYC: o 15 de Xaneiro é o lanzamento oficial de “Migrations”, o novo disco da gaiteira, pianista y productora….

 Cristina Pato and The Migrations Band @Jazz Standard January 15th 2013: Victor Prieto accordion, Eric Doob drums, Edward Perez double bass, John Hadfield percussion and Cristina Pato on voice, piano, flutes and bagpipes.

Novo disco, nova web, novo ano e novo premio: Galega do ano 2012 por “El Correo Gallego” VIDEO da gala

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.