“No día do seu enterro” en Galicia

No mes de decembro Cristina estará de novo en Galicia presentando a súa novela No día do seu enterro.

O sábado 10 de decembro, celebrarase, ás 12:30 h, no bar SanRokán, en Cabreira (Salvaterra de Miño), unha presentación arredor de No día co seu enterro enmarcada na programación do VII Encontro Literario-Musical Entreverbas, organizado pola Asociación Xanela, unha iniciativa cultural que promove o achegamento da cultura ao rural. A autora estará acompañada por Xosé Manuel Martínez (Xespi), presidente da Asociación Xanela e coordinador do encontro Entreverbas.

O mércores 14 de decembro, Cristina estará de 19h a 20h na libraría de El Corte Inglés da Coruña (5ª planta) para asinar exemplares de No día do seu enterro.

O xoves 15 de decembro Cristina participará no encontro “Xacobeo Peregrinas” que terá lugar no paraninfo do IES Otero Pedrayo de Ourense, ás 18:30 horas.

Ademais, durante o último mes do ano, Cristina visitará diferentes espazos educativos, entre eles o CEIP Emilia Pardo Bazán de A Coruña, o Colexio Carmelitas de Ourense e a Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia en Ourense.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.