Nova colaboración con Arturo O’Farrill

Featured Video Play Icon

Encargado por Spain Arts & Culture e AECID e gravado na cidade de Nova York durante a pandemia, o pianista e fundador da Afro Latin Jazz Alliance Arturo O’Farril e Cristina actuaron e gravaron este video xuntos (mantendo a distancia social) no Shape Shifter Lab de Brooklyn.

Ámbolos dous “neoiorquinos” entraron no estudio coa idea de manter unha conversa musical, pero cando Arturo comezou a tocar a composición de Carla Bley ao piano, Cristina decidiu unirse a el creando esta xenuína interpretación de “Útviklingssang“. Bótalle unha ollada ao vídeo

#ThisIsNotAMusicBreak forma parte de VENTANA – “Una ventana a la cultura española”, un programa creado pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento co que se quere seguir impulsando, a pesar das dificultades impostas pola actual pandemia, a internacionalización dos artistas, creadores e industrias culturais españolas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.