Novas de Verán

Cristina Pato Quartet - Chamber Music Pittsburgh
Cristina Pato – Festival Costa Teguise

O verán xa está aquí! Cristina xa comezou a tempada en Pittsburgh, PA, co seu US Quartet, para a serie de concertos Just Summer de Chamber Music Pittsburgh. O día seguinte, viaxou a España para se xuntar co seu Trio Galego na illa canaria de Lanzarote para actuar no Festival Costa Teguise dirixido polo mestre canario do timple Benito Cabrera.

De volta en Galicia, Cristina será a encargada de dar o pregón das festas da súa Ourense natal o 23 de xuño, e uniráse ao cantautor Andrés Suárez no concerto de apertura das Festas do Corpus. Cristina e o seu Trío Galego estarán de xira este verán por Galicia. Ficade atentos a máis datas.

Pola banda educativa, está programada a colaboración de Cristina co Instituto de Estudos Miñorans o 22 de xuño, convidada pola catedrática Camiño Noia para dar unha charla, así como coa Juilliard School co gallo da súa conferencia anual sobre O artista como cidadán (The Artist as Citizen) (producida por astep.org).

Na fronteira entre Galicia e Portugal, Cristina presentará a súa charla Transcendendo disciplinas: O Artista Sostible do Século XXI na conferencia e instituto de verán IKFEM 2018 en Tui-Valença, o 24 de xullo..

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.