Vindeiros Eventos

Febreiro e marzo están cheos de compromisos educativos para Cristina. Con estadías co Silkroad en The College of the Holy Cross e a Rice University, e obradoiros en Boston para Mass META Fellows (Educadores de Música e Artistas Docentes de Massachusetts), Cristina únese á Fundación Reggio Children e Silkroad para unha semana de estadía en Reggio Emilia, Italia.

Tras isto, Cristina retornará a Galicia onde terá a honra de ser a pregoeira da XXXVIII Feira do Viño de Amandi en Sober, Lugo.

E despois, de volta aos Estados Unidos para unha Xira do Silkroad Ensemble que os leva a once cidades de todo o país en tan só quince días, incluindo actuacións en Brookville, NY (7 de Abril), Newark, NJ (8 de Abril), Princeton, NJ (9 de Abril), Hamilton, NY (11 de Abril), Amherst, MA (12 de Abril), Lewisburg, PA (14 de Abril), Tallahassee, FL (17 de Abril), Sarasota, FL (19 de Abril), Naples, FL (20 de Abril), Palm Beach, FL (21 de Abril), and Miami, FL (23 de Abril).

Fica ao tanto para máis novas sobre os próximos pasos de Cristina… e bótalle unha ollada ao vídeo do ano en revisión que creamos!

Derradeiras Paradas da Xira do Cristina Pato Quartet

Cristina Pato Quartet
Cristina Pato Quartet
Cristina Pato Quartet
Tau Consortium

Tras participar na conferencia do TAU Consortium o pasado 15 de xaneiro, Cristina remata a xira co seu Cristina Pato Quartet con concertos en Florida, Ohio e Texas, baixando o pano dunha excitante tempada chea de actuacións, residencias e obradoiros co seu incrible Cuarteto: Víctor Prieto, Edward Perez e Mauricio Zottarelli e o colaborador Juan Felipe Mayorga.

O Pergamiño Vindel: Un Concerto Histórico

O Pergamiño Vindel: unha viaxe musical

O Pergamiño Vindel: unha viaxe musical
O Pergamiño Vindel: unha viaxe musical
O Pergamiño Vindel: unha viaxe musical
O Pergamiño Vindel: unha viaxe musical

O Pergamiño Vindel: unha viaxe musical
O Pergamiño Vindel: unha viaxe musical
O Pergamiño Vindel: unha viaxe musical
O Pergamiño Vindel: unha viaxe musical
O Pergamiño Vindel: unha viaxe musical

O espectáculo multimedia “O Pergamiño Vindel: Unha Viaxe Musical” creado, dirixido e conducido por Cristina Pato foi un éxito rotundo . O concerto, encargado pola Universidade de Vigo para o seu Concerto de Nadal e producido por CUNDE (Cecilia Carballido), explorou a idea de continuidade a través da diversidade e incluíu sete arranxos das cantigas orixinais escritos por artistas galegos de renome procedentes de estilos coma o jazz, o hip-hop, a música antiga, moderna e tradicional: Grupo Martín Códax, Anxo Pintos, Begoña Riobó, Wöyza, o Coro da Mariña dirigido por Ugia Pedreira e Pierrot Rougier, Yago Váquez, Roberto Comesaña, Miguel Cabana e Belén L. Méndez “Nacu” (caligrafías). Aclamado tanto pola crítica coma o público, esto foi o que dixo a prensa:

O espírito musical de Códax – Faro de Vigo, 20/12/2017

O concerto de onte “O Pergamiño Vindel: Unha viaxe musical”, dirixido por Cristina Pato, ben merecería pasar ós anais da historia da música galega así como ós das Cantigas de Martín Códax. As razóns son varias. Primeiro, conseguiu que tódolos músicos e cantantes participantes (preto de medio cento) ofrecesen distintas visións musicais das cantigas do século XIII amosando interpretacións cercanas a como poderían sonar na época na que naceron; ademais de visións máis contemporáneas que abranguen dende o soul, o pop, a música máis clásica, o folk e o fenómeno coral.

A segunda razón vén polo formato, unha ‘remasterización’ do concerto didáctico, xa que no medio das interpretacións incluíronse pequenas entrevistas realizadas pola propia Pato ós músicos acerca dos arranxos que fixeron e sobre a musicalidade da obra de Códax e outras de maior duración ós profesores da Universidade de Vigo Camiño Noia e Bieito Arias Freixedo, que conseguiron achegar ó público a importancia das cantigas medievais, o seu significado e o máis que posible labor feminino na súa creación.