Próximos Eventos: SphinxCon, 66ª Berlinale e Xira por EEUU do Silk Road

World Economic Forum - Davos 2016
Cristina Pato no Concerto de Apertura do Foro Económico Mundial en Davos

Antes de dirixirse á 66ª Berlinale para a estrea europea do documental de Morgan Neville The Music of Strangers: Yo-Yo Ma and the Silk Road Ensemble, evento do que podes ler máis neste artigo anterior, Cristina participará por segundo ano consecutivo na SphinxCon en Detroit. A edición deste ano, que se celebrará entre o 5 e o 7 de febreiro, abrirá cunha actuación especial de Cristina e Nicholas Villalobos (baixo).

A finales de mes, Cristina partirá co Silk Road Ensemble na súa xira polos EEUU, que inclúe actuacións en Santa Barbara, Stanford e Carmel.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.