Vídeos
Discografía
Artigos

Cristina é unha colaboradora habitual da prensa nacional, tarefa que compaxina co seu labor como oradora pública e conferenciante. Cristina escribe unha columna semanal para La Voz de Galicia, o cuarto xornal español máis importante por número de lectores. A súa columna semanal, que leva o título A Arte da Inquedanza, sae todos os venres na contraportada da edición impresa do xornal, e mais en liña aquí →.
Cristina agasállanos cada semana cunha visión do mundo dende a Galicia da nova modernidade. Entusiasmo, lealdade, talento e esperanza, que tanto necesitamos
—Víctor Fernández Freixanes, Presidente da Real Academia da Língua Galega

Catálogo oficial da exposición “Emigrantes invisibles. Españoles en EE.UU. (1868 – 1945)”. Xunto con outros autores, Cristina escribiu un microrrelato de ficción para unha das postais contidas no catálogo.

A contribución de Cristina á revista GRIAL, unha das revistas históricas da cultura galega, un artigo titulado Alén das fronteiras e dende a diversidade.

Contribución á revista científica Maremagnun sobre os Trastornos do Espectro do Autismo.
“Música, emoción, diáspora e comunidade
Un relato personal”

Artigo para o libro “Coral de Ruada”
Editorial Galaxia, 2018

Artigo para a edición especial do 100 aniversario da histórica revista cultural galega Nós
La Voz de Galicia, 2020

Artigo para o suplementoSermos Galiza de Nós Diario
Sermos Galiza, 2020
Proxectos interdisciplinares
Un festival multidisciplinar creado e dirixido por Cristina Pato.