Residencia en Harvard e Datas do Latina Tour

cultural_navigation
cultural_navigation2

Como parte das súas actividades para a residencia do Silk Road na Universidade de Harvard, a derradeira semana de abril Cristina participou cos seus compañeiros membros do Silk Road Sandeep Das, Joseph Gramley, e Hadi Eldebek nunha conferencia no Radcliffe Institute for Advanced Study, titulada “Cultural Navigation: Finding One’s Way Across Traditions”. Podes ler máis sobre a conferencia aquí →, ou ver o video completo na páxina do Radcliffe Institute →

As actividades incluiron tamén un concerto do Silk Road no Sanders Theatre. A continuación unha cita da crítica do Boston Musical Intelligencer:

The Latina 6/8 Suite, conceived by Cristina Pato playing gaita (Galician bagpipe) and written by Edward Perez, segued lively Italian tarantella with festive Spanish muiñeira in a jolly romp with lightly improvised solos by folks like bassist Shawn Conley and fiddler Johnny Gandlesman.

E falando de Latina, Cristina está inmersa nos traballos de preparación do tour de presentación do album, con datas anunciadas para Sonoma, CA (10 de maio), Santa Barbara, CA (13 de maio), San Antonio, TX (14 de maio) así como a Festa de Lanzamento en SubCulture en Nova York (17 de maio).

banner_latina_tour

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.