Residencia na Chautauqua Institution

Cristina Pato with Steve Seidel at Chautauqua Institution
Cristina Pato & Silkroad at Chautauqua Institution
Cristina Pato & Silkroad at Chautauqua Institution

Do 4 ao 11 de agosto, Cristina únese ao Silkroad na Chautauqua Institution para unha semana de actuacións, conferencias e obradoiros dirixidos e influenciados polo traballo de Silkroad. O Ensemble abre a semana explorando as nocións de fogar a través de distintas tradicións e historias persoais, e continúa a súa Residencia con clases maxistrais e actuacións. Enriba podes ver unhas fotos de Cristina co profesor Steve Seidel impartindo unha clase para máis de 4000 alumnos!

O 9 de agosto, Cristina únese á Chautauqua Symphony Orchestra como membro do Silkroad Ensemble para a estrea norteamericana da obra de Octavio Vázquez Viúvas de Vivos e Mortos, a peza encargada por Cristina para o seu pioneiro Gaita and Orchestra Commissioning Project, co apoio de New Music USA, e que se estreara en Galicia hai dous anos, en xuño de 2016.

A semana culmina o venres 11 de agosto coa actuación do Silkroad Ensemble con Yo-Yo Ma.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.