Premio Artista Comprometido da Fundación Carasso

A Fundación Daniel e Nina Carasso ven de anunciar os galardonados do Premio Artista Comprometido. Esta primeira edición do premio destaca o valor das prácticas artísticas significativas desenvolvidas no marco de proxectos colectivos e sociais. O premio ten como obxectivo sacar á luz compromisos artísticos destacables.