Arquivos da etiqueta: Wu Tong

Derradeiras Paradas do Ano

AGACOM 2017
Cristina Pato & Nicholas Cords

Conforme nos achegamos ao fin do ano, e tras participar na conferencia AGACOM – Alén das Fronteiras: Redes na Diversidade na Universidade de Santiago de Compostela, Cristina prepárase para as derradeiras paradas deste 2017.

En primeiro lugar, na súa Ourense natal, a ela únese o viola do Silkroad Nicholas Cords para o concerto de música de cámara Transformación e Espiritualidade” o 14 de decembro..

Tras isto, Cristina dirixirá o Concerto de Nadal da Universidade de Vigo, centrado no histórico Pergamiño Vindel e as súas viaxes “O Pergamiño Vindel: Unha Viaxe Musical”, o 19 de decembro.

E por último, e para recibir o Novo Ano, Cristina únese ao seu colega do Silkroad Wu Tong para a xira por China Wu Tong & Friends New Year’s Tour, do 26 de decembro ao 4 de Xaneiro. Estade atentos para máis información!