Trailer Oficial de The Music of Strangers. Rústica finalista dos Premios da Música Independente

The Music of StrangersSe estás tan impaciente coma nos por ver o novo filme de Morgan Neville The Music of Strangers: Yo-Yo Ma & The Silk Road Ensemble, o documental que conta a historia do Silk Road e dalgúns dos seus membros, incluíndo Cristina, agora podes ver o Trailer Oficial ao final deste artigo.

The Music of Strangers: Yo-Yo Ma and the Silk Road Ensemble estrearase nos cines dos EEUU o 10 de xuño.

Por outra banda, o album de Cristina con Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña, Rústica, foi seleccionado finalista por un xurado profesional para os Premios da Música Independente, na categoría “Mellor Album en Galego”. Podes votar por el aquí →

A cerimonia de entrega de premios celebrarase o 19 de abril no Teatro Nuevo Apolo de Madrid.

1 Comment

  1. You spoke my exact thoughts about people and life.
    MUSIC can be a connection and way to communicate. It is a way to travel and learn.
    Carol

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.